Asociación Reventabois

A asociación cultural dos veciños/as e amigos/as de San Xusto (Carballeda de Valdeorras).

Decoración de Nadal 2025

As veciñas de San Xusto tiveron unha gran iniciativa para decorar entre todos o noso pobo, e esta pasada ponte festiva estiveron traballando para traer o espírito do Nadal a San Xusto. 
Tras varios días de traballo e unha colecta popular na que participaron veciños, familiares e amigos, conseguiuse que este ano o pobo de San Xusto conte con unha ambientación do nadal do más variada, e que incluso se organizase un obradoiro espontáneo de creación de adornos con materiais de reciclaxe no que tamén participaron os máis pequenos do pobo.

Queremos agradecer a todas as persoas que colaboraron co seu esforzo e o seu diñeiro a animar aínda máis a nosa aldea.

Eiquí tedes unas poucas fotos para ver o proceso e os resultados:  

E eiquí tedes un vídeo onde ver o resultado de todo este traballo:  


Publicar un comentario

0 Comentarios